16/xuñ/2015

As asociacións xacobeas de Astorga e de Xapón poñen en marcha o proxecto ambiental "Un Paso Limpo"

O sábado 20 de xuño é o día proposto polas asociacións xacobeas de Astorga e de Xapón para o inicio do proxecto conxunto ambiental "Un Paso Limpo", que busca a colaboración de asociacións, concellos, albergues, etc, e diríxese principalmente ao peregrino para que este sexa consciente do lixo que xera o seu paso e da gran posibilidade que ten o propio peregrino de corrixir ese posible dano ambiental: non xerando lixo e dedicando o día proposto ao comezo, a recoller o lixo que atope ao longo do seu camiñar. A tal fin, nos albergues colaboradores da campaña poranse os elementos necesarios: bolsas e luvas para os peregrinos, así como carteis e displays para divulgar a campaña.

Esta iniciativa conta co patrocinio de Correos e do Xacobeo.