17/xul/2015

Turismo de Galicia presentou o programa de actividades "Vive o Castelo", que se levarán a cabo na fortaleza de Monterrei

Trátase dun conxunto de actividades lúdico- culturais que se desenvolverán durante cinco xoves consecutivos desde o próximo día 23 de xullo co obxecto de dinamizar a contorna do Castelo de Monterrei, o propio edificio e os espectáculos programados amplíen a oferta turística deste territorio, onde destaca o Camiño de Santiago, a oferta asociada ao turismo de saúde e o termalismo e os recursos etnográficos e culturais como o entroido.

Vive o castelo componse de actividades para que toda a familia poida gozar desta acrópole, con variedade de propostas culturais, que engloban desde o aspecto máis cultural, co coñecemento do propio castelo, até o máis festivo con actuacións musicais, degustacións gastronómicas, circo e contacontos, entre outras.