Belén do Campo participa no acto de confraternidade entre o Camiño Francés e o Camiño Lebaniego
Melide (A Coruña), 5 de setembro de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu hoxe ao acto de confraternidade entre o Camiño Francés e o Camiño Lebaniego, organizado pola Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, que preside Olga Iglesias Fontal.
A representante autonómica destacou a importancia de fortalecer os lazos entre as diferentes rutas xacobeas, poñendo en valor o seu papel como vías de encontro cultural, espiritual e económico. Neste senso, destacou o compromiso da Xunta coa protección, preservación e promoción do patrimonio xacobeo, clave para o desenvolvemento sostible dos territorios polos que discorren os camiños.
Neste acto de confraternidade participaron representantes dos municipios cántabros do Camiño Lebaniego, San Vicente de la Barquera, Herrerías, Lamasón, Cillorigo de Liébana, Camaleño e Vega de Liébana, e a directora da Fundación Camino Lebaniego, Pilar Gómez Bahamonde, así como representantes dos concellos galegos do Camiño Francés.
O acto serviu para consolidar a colaboración institucional e social arredor do Camiño de Santiago, reforzando así a proxección destas rutas de peregrinación que forman parte esencial da identidade de Galicia e Cantabria.
O Camiño Francés supón a principal ruta xacobea. Nos oito primeiros meses do ano, 170.352 persoas recolleron a Compostela tras percorrer este itinerario, un 2% máis que no mesmo período de 2024. Deles, 74.906 foron de procedencia estranxeira, o 45% do total.
Sumando todas as rutas, no que vai de ano rexistráronse 373.688 peregrinos, dos que o 64% procederon de fóra de España. En xeral, foi un 5% máis que en 2024. O Camiño Francés é o máis percorrido co 45,7% de peregrinos.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata