Medio Rural colabora cos concellos galegos do Camiño Francés para promocionar os produtos agroalimentarios de calidade diferenciada
Portomarín (Lugo), 4 de setembro de 2025
O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe nun encontro organizado pola Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés con motivo da visita dos alcaldes cántabros da Fundación Camino Lebaniego, que ao longo de varias xornadas coñecerán diferentes municipios situados na ruta de peregrinación.
Neste contexto, utilizouse a xornada para avaliar as liñas de traballo que están desenvolvemento os concellos galegos do Camiño Francés para promocionar os produtos agroalimentarios, centrándose nos amparados por selos de calidade diferenciada no Camiño. A Consellería está a colaborar con estas entidades locais para brindarlles apoio nesta posta en valor dos produtos de calidade diferenciada.
Outras novas
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés