A Xunta aposta por un Camiño de Santiago cada vez máis accesible, integrador e inclusivo
- Xosé Merelles recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro a un grupo de peregrinos da asociación DisCamino que fixo o Camiño co apoio dun vehículo adaptado financiado por Turismo de Galicia
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2025.-
“Desde a Xunta de Galicia estamos a traballar por facer una Camiño cada vez máis accesible, integrador e inclusivo”. Así o puxo de manifesto esta mañá o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, tras recibir na Praza do Obradoiro a un grupo de peregrinos da asociación DisCamino que rematou o Camiño de Santiago grazas ao apoio prestado por un vehículo adaptado financiado pola Administración autonómica.
Xosé Merelles lembrou que a mellora da accesibilidade foi, precisamente, foi unha das prioridades na elaboración e deseño do Plan Director dos Camiños de Santiago na Comunidade de Galicia 2022-2027, que conta cun investimento global de 140M€.
Neste sentido, o documento de traballo de cara ao vindeiro xacobeo 2027 marcou como obxectivo avanzar na procura da accesibilidade universal e tamén na dotación de infraestruturas de acollida adecuadas.
Así, segundo lembrou o director de Turismo de Galicia, “a accesibilidade está recollida de forma explícita en dúas das sete liñas estratéxicas principais do Plan” e salientou as actuacións do seu departamento na rede pública de albergues do Xacobeo para renovar e adaptar estas instalacións que prevé un orzamento total ata 2027 de 5M€.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas