Rueda percorre un treito do Camiño Portugués pola costa acompañado de mozos galegos do exterior que participan no programa 'Conecta co Camiño'
Redondela (Pontevedra), 22 de xullo de 2023
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, percorreu esta mañá un treito do Camiño Portugués pola costa acompañado de mozos galegos do exterior que están a participar nas actividades do programa Conecta co Camiño.
Nesta iniciativa, que organiza a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude, están a participar 50 mozos e mozas de entre 18 e 20 anos procedentes de países como A Arxentina, Brasil, Cuba, O Uruguai ou Venezuela.
O programa ten como finalidade facilitar o contacto coa cultura e xeografía galegas por parte da mocidade da Galicia exterior. Así, desde o 21 e ata o 30 de xullo realizaranse diferentes tramos do Camiño de Santiago Portugués e da Costa ata Compostela, así como actividades orientadas a coñecer a historia xacobea e o patrimonio cultural vencellado á zona da contorna.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata