A Xunta estuda proxectos de colaboración coa Fundación ONCE para facer un Camiño de Santiago máis accesible
- Xosé Merelles e Ildefonso de la Campa reunironse co director de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE, Jesús Hernández-Galán
- A web caminodesantiago.fundaciononce.es, inclúe información,recomendación e consellos para facer o Camiño
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2023
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos del Camiño De Santiago, Ildefonso de la Campa mantiveron esta semana unha reunión con representantes da Fundación ONCE para estudar proxectos de colaboración e facer un Camiño de Santiago máis accesible.
Xosé Merelles e Ildefonso de la Campa reuníronse co director de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE, Jesús Hernández-Galán onde avanzaron na colaboración, que en principio, consistiría en poñer en marcha un programa de formación sobre a atención a persoas con discapacidade, orientada aos albergueiros, Oficinas de Turismo, centros de interpretación, responsables de albergues Privados e hostalería.
A Fundación ONCE ten na web https://caminodesantiago.fundaciononce.es, información, recomendacións e consellos para facilitarlle facer o Camiño.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas