Andalucía toma como modelo o Camiño de Santiago para desenvolver novas rutas ao Rocío
- O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, o xerente do Xacobeo, Antonio Casas, mantiveron unha xuntanza con representantes de turismo da Junta de Andalucía
- Trasladáronlle o traballo feito pola Xunta nos últimos anos en prol do Camiño, como a delimitación do trazado, a conservación e mantemento das rutas a recuperación dos bens patrimoniais ou a xestión dos albergues de peregrinos
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2023
O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles , mantivo hoxe unha xuntanza con representantes de turismo da Junta de Andalucía interesados en coñecer o modelo do Camiño de Santiago para aplicalo ao Camiño do Rocio.
Xosé Merelles xunto ao xerente do Xacobeo, Antonio Casas e o Director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa, mantiveron unha xuntanza coa conselleira técnica da secretaría xeral de acción Exterior Unión Europea e Cooperación, de Andalucía, Rocío Reinoso e co director xeral de Andalucía Global, Javier Arroyo.
Os representantes do Goberno galego trasladáronlle o traballo feito pola Xunta nos últimos anos en prol do Camiño, como a delimitación do trazado, a conservación e mantemento dos Camiños a recuperación dos bens patrimoniais, a xestión dos albergues de peregrinos. Ademais, puxeron en valor a importancia das relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.
Segundo lles explicou Xosé Merelles, a Xunta ten en marcha o Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027 que guiará as actuacións nas rutas Xacobeas ata o vindeiro Ano Santo, e que marcará as directrices para a conservación do Camiño de Santiago, dende melloras no trazado, sinalética, conservación e acollida ata os aspectos relativos ao seu estudo como fenómeno de carácter único e singular. Duplica o orzamento con respecto ao anterior acadando os 141,4 M€ e traza os obxectivos de traballo cara á celebración do vindeiro Ano Santo, en 2027, fixando as liñas estratéxicas co obxectivo de preparar Galicia para o seguinte Ano Santo.
O director xeral de Turismo indicoulles que este Plan ten como finalidade establecer as medidas precisas para dar resposta aos retos que afronta a ruta xacobea no horizonte dos próximos anos co obxectivo de darlle resposta a través de distintas propostas de actuación que se levarán a cabo no Camiño, no marco dunha aposta pola preservación do seus valores e pola busca da excelencia, sempre baixo criterios de sustentabilidade, accesibilidade e universalidade que definen o propio fenómeno da peregrinación a Santiago de Compostela.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata