Arias destaca os bos datos turísticos na Mariña e o despegue do Camiño Norte no primeiro Xacobeo como Patrimonio Mundial
Madrid, 19 de xaneiro de 2023
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe no expositor de Galicia en Fitur na presentación da campaña “Descubre A Mariña lucense. Vive el Norte de Galicia”, organizada pola Mancomunidade de Concellos da comarca para promocionar o xeodestino.
Arias destacou os datos alcanzados entre xaneiro e novembro do pasado ano, cando se rexistraron na comarca mariñá 155.500 viajeros (case un 19% más que no 2021) e se incrementaron nun 17% as pernoctacións. Así mesmo, subliñou que o Camiño Norte ou da Costa “superou con nota o seu primeiro Xacobeo desde que foi declarado Patrimonio da Humanidade no 2015”; preto de 30.500 peregrinos elixiron esta ruta neste dobre Ano Santo.
O delegado instou a seguir apostando con decisión “polo noso modelo turístico, que protexe os nosos valores culturais e ambientais por riba doutros intereses, porque o tempo estanos dando a razón, poñendo en primeiro plano o turismo de experiencias, o turismo slow, o turismo de natureza que proporcionamos”.
Outras novas
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’