A Xunta destaca os valores espirituais do Camiño de Santiago e o seu papel como motor da recuperación económica e turística
- A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, participou na inauguración do evento, onde tamén puxo en valor as rutas xacobeas como elementos dinamizadores da oferta cultural e turística de Galicia
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022
A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, destacou hoxe os valores espirituais que ofrece o Camiño de Santiago durante a súa intervención na inauguración esta tarde do VIII Congreso Mundial de Pastoral de Turismo. No acto tamén participou o arcebispo da Catedral de Santiago, monseñor Julián Barrio, e contou coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Neste sentido, puxo en valor que o Camiño ofrece cultura, patrimonio, paisaxe e hospitalidade; ademais dunha meta espiritual para moitas persoas que o percorren. De feito, trátase do primeiro itinerario cultural europeo converténdose na meta da peregrinaxe europea e símbolo de unión entre as diferentes culturas.
Blanca García-Señoráns sinalou ademais o papel do Camiño de Santiago como evento dinamizador da demanda cultural e turística de Galicia e o traballo levado a cabo desde a Xunta neste Xacobeo 21-22 para contribuír á recuperación económica e turística da comunidade. Así o demostran as cifras con récord de peregrinos neste ano e os bos resultados de visitantes atraídos polo turismo seguro, de calidade e sostible cunha oferta diversificada que puxo de moda a Galicia como destino turístico.
Outras novas
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés