29/ago/2022

Unha profesora italiana é a peregrina 300.000 no que vai de ano

  • Chiara Birocchi, de 26 anos, completou este luns o Camiño Francés desde Burgos

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2022

A Oficina do Peregrino da Catedral expediu onte pola mañá a Compostela número 300.000 do 2022. Recibiuna Chiara Birocchi, unha profesora italiana de 26 anos que percorreu o Camiño por primeira vez durante este segundo ano do bienio Xacobeo. Escolleu o roteiro francés, que fixo a pé desde a cidade de Burgos, camiñando 485 quilómetros. Santiago bate así o récord de peregrinos chegados á cidade, superando amplamente as cifras do 2021, cando se recibiron 178.912 peregrinos.

Texto e fotografía: La Voz de Galicia