A Xunta destaca o Camiño de Santiago como símbolo da unión dos pobos europeos
- O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse co Embaixador do Consello de Europa Patrick Engelberg no marco do “XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos” celebrado estes días na cidade compostelá
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2022
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe co Embaixador representante permanente de Luxemburgo no Consello de Europa, Patrick Engelberg, que preside o Comité Estatutorio do Acordo Parcial Ampliado sobre os Itinerarios Culturais en Europa.
A reunión enmárcase XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos, que inaugurou onte en Santiago de Compostela o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda xunto con outras autoridades como o embaixador Engelberg.
Durante o encontro o director xeral, Jesús Gamallo, destacou o valor histórico e cultural das rutas xacobeas como símbolo da unión dos pobos europeos e salientou que o Camiño de Santiago fose declarado en 1987 primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa e en 1993 pola Unesco Patrimonio da Humanidade.
Outros dos temas tratados foron o de o papel do Consello de Europa ante a guerra de Ucraína, así como a necesidade de que as autoridades rexionais colaboren e se mostren solidarios na acollida de refuxiados.
Consello de Europa
O Consello de Europa, con sede en Estrasburgo (Francia) é unha organización internacional de ámbito europeo que ten como fin promover a defensa dos dereitos humanos e a democracia. Está composto por 46 estados dos cales 27 son estados membros da Unión Europea. No seo do Consello de Europa atópase o programa de Rutas Culturais que declarou en 1987 o Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
Outras novas
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’