Feijóo reitera a oportunidade que o Ano Santo bienal supón para o sector turístico galego
- O presidente da Xunta acompañou ao vicepresidente da Comisión Europea e comisario de Promoción de Estilo Vida Europeo, Margaritis Schinas, no seu percorrido por un tramo do Camiño de Santiago
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2021
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe a oportunidade que o Ano Santo bienal supón para o sector turístico galego; “estamos convencidos de que se este está a ser un bo ano, o 2022 será un excelente ano de peregrinación”, abundou.
Tras acompañar ao vicepresidente da Comisión Europea e comisario de Promoción de Estilo Vida Europea, Margaritis Schinas, no seu percorrido por un tramo do Camiño, Feijóo incidiu no papel da peregrinación a Compostela na construción da identidade común europea, recordando que tanto as rutas Xacobeas como a Unión Europea son un punto de encontro, de acordo e de unión.
Nesta liña, resaltou que a pandemia constatou a importancia de actuar xuntos non só durante a covid, senón tamén para impulsar a reactivación e acometer proxectos e reformas con vocación de permanencia, capaces de transformar a nosa sociedade.
Ao respecto recordou que Galicia articulou unha candidatura aos fondos Next Generation con iniciativas viables e consensuadas co tecido económico; “e esperamos coñecer criterios e poder participar con obxectividade na asignación que o Goberno central faga dos fondos”, insistiu.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata