Fernández-Tapias pronuncia a invocación ao Apóstolo en nome dos participantes na XI Ruta Marítima O Cabaleiro das Cunchas
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2021
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realizou hoxe a invocación ao Apóstolo na misa do peregrino celebrada na Catedral de Santiago en nome dos participantes na XI Ruta Marítima O Cabaleiro das Cunchas, unha travesía impulsada pola Fundación Traslatio seguindo os relatos da tradición xacobea. Na súa intervención, a representante autonómica na cidade de Vigo e a súa área de influencia lembrou que o Camiño de Santiago é “unha mestura de recordos e vivencias, de espiritualidade e de soidade compartida, que teñen feito deste Camiño, o noso camiño”.
Tras sinalar que “a pandemia e as súas secuelas económicas son un tramo do noso propio camiño vital moi difícil de asimilar; un tempo que precisou, e precisa, de grandes esforzos sanitarios e económicos”, implorou ao Apóstolo a súa axuda para que “sigua, coma sempre, pendente de nós, das nosas familias e amigos, de todos os peregrinos; do mundo enteiro”.
Outras novas
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés
-
Sun Mar 01 20:00:00 CET 2026
A Sociedade Anónima do Plan Xacobeo galardoada co Premio Servir dos Clubs Rotarios de Galicia