A Xunta anima á mocidade a peregrinar a Santiago e descubrir a riqueza espiritual do Camiño e do Xacobeo
- O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe ao acto de presentación de actividades da Peregrinación Europea da Xuventude que se celebrará en 2022 e no que están chamados a participar milleiros de mozos
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2021
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, animou hoxe aos mozos a peregrinar a Santiago e descubrir os valores espirituais do Camiño durante este Xacobeo 21-22. Así o indicou esta mañá no acto de presentación das actividades da Peregrinación Europea da Xuventude, que presidiu o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio.
Esta peregrinación, que se adiou debido á pandemia do coronavirus, está prevista para agosto de 2022 coa chegada a Compostela de milleiros de mozos -xa hai máis de 8.000 inscritos actualmente e prevese duplicar a cifra- a través das distintas rutas xacobeas.
Alfonso Rueda lembrou que estes mozos e tódolos peregrinos que están a chegar xa a Santiago poden vivir o Camiño como unha experiencia segura e atopar en Galicia un destino seguro no que descubrirán natureza e espazos abertos tan demandados no escenario postpandemia, así como coñecer o patrimonio, a cultura e a gastronomía da comunidade.
Deste xeito, incidiu en que o Camiño tamén ofrece todo isto e, ademais, supón unha meta espiritual para moitas persoas que o percorren e permite poñer en valor aspectos como a xenerosidade, a espiritualidade, o voluntariado e a hospitalidade. Por iso, aproveitou para agradecer a implicación desinteresada de voluntarios e hospitaleiros que difunden estes valores entre os peregrinos que realizan o Camiño neste Ano Santo Dobre.
Outras novas
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés