6/xul/2021

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo anuncia a supresión do sistema de reservas na Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo actualiza as normas de utilización de albergues.

I.- SUPRÍMESE O SISTEMA DE RESERVAS NOS ALBERGUES PÚBLICOS.

II.- A orde de prelación para a ocupación dos albergues públicos será a seguinte:

-Peregrinos con limitacións físicas
-Peregrinos a pé
-Peregrinos a cabalo
-Peregrinos en bicicleta
-As persoas que viaxen con coches de apoio
-Os peregrinos que inicien o Camiño no correspondente albergue

III.- As prazas ocuparanse por orde de chegada dos peregrinos aos albergue sen que se admitan reservas.

IV.-Só se admitirá pernota por unha noite, agás enfermidade ou forza maior xustificada, ata un máximo de 3 días.

V.- O horario de apertura é ás 13:00h.

VI .-A porta dos albergues pecharase ás 22:00h.

VII.- Os alberugues rexeranse polas normas anteriores ao sistema de reserva, agás os condicionantes pola situación epidemiolóxica.