A Xunta coloca unha mouteira do Camiño de Santiago no cuartel da Garda Real en Madrid
- O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda indicou que esta mouteira foi solicitada pola Garda Real, polo seu especial simbolismo, xa que todos os anos membros da Garda Real e as súas familias peregrinan a Santiago
- Alfonso Rueda indicou que Galicia está perfectamente preparada para acoller a todos os que se acheguen por algunha das rutas xacobeas á nosa comunidade
Madrid, 21 de xuño de 2021
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración da mouteira situada no cuartel da Garda Real, no Pardo, onde indicou que esta mouteira cobra especial protagonismo xa que todos os anos, membros da Garda Real e as súas familias realizan unha peregrinación a Santiago de Compostela.
Alfonso Rueda indicou que esta mouteira foi solicitada pola Garda Real, polo seu especial simbolismo, xa que todos os anos membros da Garda Real e as súas familias levan a cabo o Camiño de Santiago. Concretamente no mes de xullo realizarana 154 militares e familiares.
Na súa intervención, o vicepresidente primeiro agradeceu aos membros da Garda Real a súa implicación co Camiño de Santiago e indicoulles que a Xunta ten todo listo para poder ter un Camiño seguro e un Xacobeo seguro. “Levamos moitos meses traballando para poder contar cun Xacobeo completamente seguro, coa mellora dos albergues, coa formación do seu persoal e coa activación do seguro coronavirus, polo que podo afirmar que Galicia é un destino seguro”, rematou Alfonso Rueda.
Ao longo desta semana vanse celebrar actividades culturais e folclóricas, así como actos de promoción do Xacobeo en Madrid. O obxectivo é invitar aos seus cidadáns a desfrutar dunha terra coñecida e recoñecida polos madrileños que xa está preparada para recibir como destino seguro a turistas e peregrinos, cunha programación e unha oferta que este ano vai dirixida, sobre todo, ao turismo nacional.
Outras novas
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado