A Xunta de Galicia anuncia a reapertura dos albergues de peregrinos do Cebreiro e de Gontán
A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo informa da reapertura dos establecementos da rede pública de albergues situados no Cebreiro (Pedrafita - Lugo), no Camiño Francés, e Gontán (Abadín - Lugo), no Camiño do Norte.
A reapertura gradual dos albergues é unha decisión consensuada cos axentes implicados e que ten por obxectivo garantir a atención aos peregrinos en cada itinerario e, ao mesmo tempo, potenciar a reactivación económica dos establecementos privados tras os meses de inactividade a causa das restricións por mor do coronavirus. En calquera caso, a previsión é que o 1 de setembro todos os albergues estean xa operativos.
Así mesmo, co fin de dar garantías aos peregrinos no actual contexto sanitario, tamén se habilitou un sistema online de reservas, que convivirá coa posibilidade de solicitar praza presencial ao chegar ao albergues sempre que dispoña de capacidade. Así, os peregrinos poderán reservar cama desde o día anterior ata as 13:00 horas do día da pernoita. A partir desa hora, se o albergue dispón de prazas libres, estarán a disposición dos peregrinos que cheguen, facéndoo así compatible a reserva previa co espírito de acollida máis tradicional.
Condicións da reserva
- Só se poderán realizar reservas ata as 13:00. A partir das 13:00 as reservas serán para o día seguinte.
- So se poderán reservar como máximo 5 liteiras.
- Grupos de mais de 5 persoas enviar un mail a reservas@alberguesxacobeo.gal
- Persoas con mobilidade reducida enviar un email a reservas@alberguesxacobeo.gal
- Non se permitirá a cancelación da reserva e non se devolverá o importe da mesma
- O pago realizarase no albergue
Outras novas
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado