Recomendacións e medidas de prevención contra o coronavirus
Galicia conta cun total de seis casos na nosa comunidade (catro en Vigo e 2 na Coruña). Galicia mantén unha vixilancia permanente a través da rede hospitalaria, atención primaria e 061, ademais de ter a disposición da poboación o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus.
Desde a Xunta seguirase actuando con previsión e tendo un contacto permanente tanto coa industria galega como co sector turístico para avanzar na coordinación e minimizar o posible impacto e a repercusión nestes eidos.
Galicia conta cun total de seis casos na nosa comunidade (catro en Vigo e 2 na Coruña) de infección por coronavirus. Actualmente este dato está pendente de actualización e das confirmacións por parte do Centro Nacional de Microbioloxía.
A nosa comunidade continúa cunha das taxas máis baixas de casos confirmados con 0,22/100.000 habitantes.
Galicia mantén dende o primeiro momento unha vixilancia permanente a través da rede hospitalaria, atención primaria e 061 para detectar posibles casos e intervir inmediatamente na contención do coronavirus.
Dende o Sergas lémbrase que a Consellería de Sanidade ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto.
No caso de persoas procedentes dunha viaxe ou que estivesen en contacto con persoas que veñan dunha área de risco e presente síntomas (tos, febre ou dificultade respiratoria), recoméndase que non acuda directamente ao hospital nin ao centro de saúde senón que contacte telefonicamente co 061.
CORONAVIRUS - TURISMO
A semana pasada mantívose unha reunión co sector turístico para avanzar na coordinación e minimizar o posible impacto social e a repercusión neste eido.
Os viaxeiros que desexen visitar Galicia deben saber que poden facelo con normalidade, seguindo unicamente as recomendacións xerais do Ministerio de Sanidade.
Actualmente estamos nunha fase inicial de contención na que cómpre traballar sen alarmismo, pero con planificación e anticipación, seguindo os protocolos sanitarios en coordinación co Goberno do Estado.
Mantense, igualmente, o labor de promoción. Aínda que se tivo que cancelar a presenza de Turismo de Galicia na feira ITB de Berlín despois de que fose cancelada polos seus organizadores, mantéñense outras accións previstas como a promoción online en distintos mercados internacionais.