O conselleiro de Cultura e Turismo agradece no V Encontro Mundial de Confrarías do Apóstolo o seu labor por espallar os valores xacobeos no mundo
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2020
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou a importancia de espallar os valores xacobeos no acto de apertura do V Encontro Mundial de Confrarías do Apóstolo e Asociacións do Camiño de Santiago. Este evento, que conta coa colaboración do programa O teu Xacobeo, reúne desde hoxe e ata o domingo a representantes de máis de 30 confrarías e asociacións de once países co fin de avanzar na promoción e preparación do vindeiro Xacobeo 2021.
Román Rodríguez destacou a importancia deste encontro, que se celebra ás portas de cada Ano Santo desde 1993 e que, segundo precisou, é unha mostra do interese que a día de hoxe segue suscitando tanto o Camiño de Santiago como o feito xacobeo en todo o mundo. Do mesmo xeito, agradeceu a presenza das entidades participantes e animounas a colaborar activamente no próximo Xacobeo 2021.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas