22/nov/2019

Anxo M. Lorenzo inaugura a exposición fotográfica O Camiño Francés en 360º do hospitaleiro Goyo González

  • A mostra, aberta ata febreiro no Museo das Peregrinacións e de Santiago, está formada por 36 instantáneas que plasman a experiencia do autor percorrendo a Ruta Xacobeo

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2019

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición O Camiño Francés en 360º, formada por 36 fotografías panorámicas circulares realizadas polo hospitalero Goyo González durante máis de 10 anos nos que percorreu a Ruta Xacobea en diversas ocasións.

As instantáneas plasman o seu concepto tanto do Camiño como da propia peregrinación e os peregrinos, captando o que ao seu redor ocorre. Trátase, por tanto, dunha aproximación desde dentro a través da mirada de alguén que coñece a experiencia xacobea, tanto por ser peregrino como por tratar con milleiros de camiñantes durante os seus anos como hospitalero.

A mostra permanecerá aberta ao público ata o 16 de febreiro de 2020 no Museo das Peregrinacións e de Santiago, xestionado pola Xunta, en horario de martes a venres de 9,30 a 20,30 h., os sábados de 11,00 a 19,30 h. os domingos e festivos de 10,15 a 14,45 h.