Román Rodríguez salienta a tradición xacobea de Padrón na presentación dun novo proxecto dixital
Padrón (A Coruña), 18 de outubro de 2019
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou hoxe o vínculo de Padrón coa tradición xacobea na presentación dunha aplicación web. A iniciativa, denominada Creando consciencia coa Pedronía, e promovido polo Concello de Padrón está incluída dentro do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta e busca potenciar a riqueza patrimonial da vila coruñesa e a súa comarca.
Este proxecto permitirá poñer en valor a riqueza das lendas e tradicións da zona, así como o patrimonio inmaterial vinculado ao Camiño de Santiago nesta vila coruñesa, pola que chegou a Galicia o corpo do Apóstolo. Román Rodríguez destacou que este tipo de iniciativas, achegadas desde a sociedade, reflicten o carácter participativo do próximo Xacobeo 21 e permiten xerar novos produtos turísticos e culturais a nivel local para poñer en valor o vindeiro Ano Santo.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década