Román Rodríguez salienta a importancia de espallar os valores do Camiño na presentación da 'Fraternidad de Santiago'
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2019
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou hoxe a importancia de espallar e difundir os valores do Camiño na presentación da Fraternidad de Santiago, un colectivo que aglutina a diferentes irmandades e confrarías vencelladas coa figura de Santiago ao longo de toda España.
O responsable de Cultura e Turismo puxo en valor esta iniciativa, que representa –subliñou– “o interese que suscita a peregrinación a Compostela”, especialmente ás portas do próximo Xacobeo 21. Neste sentido, lembrou que este tipo de proxectos, impulsados desde a sociedade, recollen o “espírito participativo” do próximo Ano Santo, “unha celebración que buscará a implicación de toda a sociedade para facer un evento perdurable, integrador e no que todos teñan cabida”.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata