A comisaria do Xacobeo 21 recibe no Obradoiro a 300 peregrinos procedentes da cidade italiana de Perugia
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2019
A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, recibiu hoxe a un grupo de preto de 300 peregrinos italianos procedentes de Perugia. Trátase de mozos con idades comprendidas entre os 15 e os 30 anos que percorreron o Camiño Inglés desde a localidade de Ferrol. Os participantes na expedición están a compartir a súa experiencia xacobea en vídeos a través das redes sociais e de medios de comunicación locais italianos, o que contribúe a dar a coñecer o Camiño máis aló das nosas fronteiras. Cómpre destacar que Italia é un país de fortes raíces xacobeas, con confrarías, asociacións e investigadores moi activas. De feito, é a nación estranxeira con maior número de peregrinos no Camiño de Santiago.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas