A Xunta impulsa a celebración do torneo de baloncesto Xacobeo 2021 mediante a convocatoria de proxectos ‘O teu Xacobeo’
Santiago de Compostela, 01 de agosto de 2019
A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, participou hoxe na presentación do Torneo Xacobeo 2021, unha iniciativa do Obradoiro CAB que conta co apoio da Xunta de Galicia e que permitirá potenciar os valores do Camiño de Santiago a través dunha actividade saudable e deportiva.
Este torneo, que está previsto que se celebre no mes de setembro e chegue a máis de 5.000 persoas, forma parte de O teu Xacobeo, a convocatoria de proxectos posta en marcha polo Goberno autonómico cunha dotación de 4,7 millóns de euros, co obxectivo de que a celebración do vindeiro Ano Santo sexa participativa, global e descentralizada. Con esta mesma finalidade, elaborouse o Plan Estratéxico do Xacobeo 21, a folla de ruta para conseguir unha celebración extraordinaria e única que permita poñer en valor o noso territorio e a nosa cultura, paisaxe e talento.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata