O Camiño de Santiago, presente no Premio Europeo Carlos V entregado pola S.M. o rei Felipe VI aos itinerarios culturais europeos
- O galardón da Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste foi recollido polo secretario xeral do Consello de Europa, Thorbjørn Jagland
- A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, pronunciou o discurso de agradecemento en representación dos Itinerarios Culturais Europeos
Cuacos de Yuste (Cáceres), 9 de maio de 2019
O Premio Europeo Carlos V recoñeceu hoxe o labor dos Itinerarios Culturais Europeos, entre os que se atopa o Camiño de Santiago, no fomento de valores como a diversidade cultural, o respecto polas identidades, o diálogo intercultural ou o intercambio e coñecemento dos países e da historia. O galardón foi entregado nunha cerimonia que se celebrou no Real Monasterio de Yuste e que estivo presidida por S.M. o rei Felipe VI. Trátase da primeira vez que o galardón outorgado pola Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste recae nunha iniciativa.
O encargado de recoller o premio da Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste foi o secretario xeral do Consello de Europa, Thorbjørn Jagland, máximo representante dos Itinerarios Culturais Europeos. Ademais, en representación da iniciativa, interveu a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, que destacou que estes itinerarios “son as arterias que deron orixe a Europa” e que o Camiño de Santiago foi “o primeiro destes itinerarios”.
Nesta mesma liña, Cecilia Pereira lembrou que o Camiño “é a historia de Europa, pero tamén a noso futuro”. “Vivimos nun tempo no que se volven a levantar muros e por iso é máis importante que nunca reivindicar o espírito Xacobeo e os valores universais que empapan cada pedra do Camiño”, afirmou a comisaria do Xacobeo 21.
Outras novas
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés