A Xunta salienta a importancia da nova Federación Internacional de Asociacións do Camiño Portugués de Santiago
Tui (Pontevedra), 13 de outubro de 2018
A Xunta de Galicia salientou a importancia da nova Federación Internacional de Asociacións do Camiño Portugués de Santiago para cuxa creación se sentaron hoxe as bases, cun acordo asinado por diferentes asociacións nun acto celebrado no Parador de Tui que contou coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. A posta en marcha desta federación reforzará o papel das asociacións de amigos do Camiño de Portugués tanto en Galicia como no país veciño á hora de traballar a prol dos valores tradicionais da peregrinación e da súa preservación e difusión.
Este acordo prodúcese no ano no que a Consellería de Cultura e Turismo dedica as principais accións do Plan director do Camiño de Santiago ao Camiño Portugués e ao Camiño Portugués da Costa, coa súa sinalización e mellora ou actividades de dinamización cultural e promoción, entre outros. Neste sentido, Galicia e Portugal están a traballar xuntas no proxecto europeo Fazer Caminho, que aspira optimizar as sinerxías ao redor da ruta xacobea neste territorio. O Camiño Portugués, con máis de 62.000 peregrinos, estase a consolidar como o segundo itinerario más percorrido cun crecemento do 14,5%. Pola súa banda, o Camiño Portugués da Costa recibiu no que vai de ano máis de 12.000 peregrinos, o que supón un 88% máis.
Outras novas
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés