Nava Castro e Rafael Sánchez asisten á presentación da novela xacobea ‘La peregrina’ da xornalista Isabel San Sebastián
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe en Santiago de Compostela á presentación da novela La peregrina, da xornalista Isabel San Sebastián, a cargo do director-xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez . Trátase dun libro no que se narra a historia da peregrinación que realizou Alfonso II no século IX desde Oviedo, fito que sentou as bases do actual Camiño Primitivo.
A partir dun labor de documentación, a autora novela a historia en forma de diario dunha muller e afonda ademais na orixe de certas tradicións especialmente arraigadas na nosa cultura. La Peregrina súmase ás numerosas obras literarias que nos últimos anos tomaron como inspiración o Camiño de Santiago, como El peregrino, de Paulo Coelho, ou outros best sellers que contribuíron a popularizar a ruta xacobea en lugares como Alemaña ou Corea do Sur, con obras que foron líderes en ventas como Bueno, me largo, do alemán Hape Kerkeling, ou A viaxe dunha muller soa, da coreana Kim Nam Hee, entre outras moitas.
Outras novas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado