A Xunta de Galicia sinaliza o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo Concello de Redondela con oito mouteiras oficiais
Redondela (Pontevedra), 7 de abril de 2017
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto ao alcalde do Concello de Redondela, Javier Bas, e a concelleira de Turismo da vila, María Teresa Paris, comprobaron a colocación das primeiras mouteiras que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio.
No Concello de Redondela colocaranse 8 mouteiras das 81 que teñen os 150 quilómetros do tramo galego desta Ruta Xacobea que vén de ser recentemente recoñecida coa aprobación, no Parlamento galego, da Lei de Patrimonio de Galicia. O Camiño Portugués da Costa ven de dar así un paso máis garantindo, coa nova sinalización que comezou a colocarse no Concello de Baiona, a seguridade dos peregrinos que a transiten facilitándolles o seu traxecto. Nos vindeiros días, o Xacobeo continuará coa colocación do resto das mouteiras nos demais concellos polos que atravesa a nova Ruta de Peregrinación a Santiago de Compostela.
Outras novas
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés