Turismo de Galicia participa na 6th World Trails Conference na cidade xaponesa de Tottori
Turismo de Galicia participa dende onte e ata mañá, domingo 16 de outubro, na 6th World Trails Conference que celebrase neste ano en Tottori, Xapón, sendo a primeira conferencia que se celebra fora de Corea.
Esta reunión internacional xunta a representantes das diferentes rutas do mundo para debater o desenvolvemento e a preservación das mesmas. Así, a través desta conferencia, organizacións, asociacións de rutas de peregrinación e compañías comparten información e experiencias.
No marco do evento, terá lugar a reunión do Comité da World Trails Network do cal forma parte o Camiño de Santiago.
Así mesmo, o congreso acollerá sesións dedicadas á saúde, ao patrimonio cultural e a natureza. Turismo de Galicia participará no mesmo cun relatorio a cargo do xefe da área de Cultura do Xacobeo, Francisco Singul, sobre a historia e valores da peregrinación a Santiago de Compostela.
Peregrinos xaponeses
En 2015, dos peregrinos que selaron a súa Compostela un total de 1.197 procederon do Xapón. Neste ano, esta cifra vai en aumento, e no que vai de 2016 chegaron xa a Galicia 1.205 peregrinos xaponeses, o que supón un incremento do 18,95% en relación ao mesmo período de 2015.