A Xunta convoca hoxe axudas á rehabilitación e conservación de vivendas por importe de 6,5 millóns de euros
A Xunta destina 2,7 millóns de euros a subvencións para accións de conservación en edificios residenciais, que os propietarios poderán solicitar ao longo dun prazo de dous meses
O Goberno galego tamén publica hoxe no DOG a apertura do prazo para solicitar as axudas de rehabilitación para vivendas ubicadas nos Camiños de Santiago, ás que dota dun orzamento total de 3,2 millóns de euros
O importe das axudas será do 35 % do custe subvencionable da actuación e cun importe máximo de 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación
O Diario Oficial de Galicia tamén recolle hoxe outra orde de subvencións pola que a Xunta destinará este ano 600.000 euros a axudas a propietarios de vivendas para a obtención do informe de avaliación dos edificios
O orzamento para 2016 permitirá beneficiar a un mínimo de 1.200 comunidades de propietarios na adquisición deste documento que é un requisito imprescindible para acceder ás axudas públicas destinadas á rehabilitación dos edificios