Turismo de Galicia presenta un cómic sobre a vida de San Francisco de Asís
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou o cómic sobre a vida de San Francisco no marco da conmemoración do oitavo centenario da súa peregrinación a Santiago de Compostela.
A dita publicación, editada en galego e castelán, relata como para o santo de Asís, o Camiño non foi unha meta, senón o principio dunha peregrinación e o comezo dunha nova vida na que todos somos peregrinos. En Santiago foille revelada a súa misión de espallar a súa Orde polo mundo, tal e como se revela neste cómic tan especial.
A través deste cómic podemos coñecer dunha maneira amena e divertida a vida de San Francisco de Asís e a súa peregrinación a Santiago de Compostela. Esta publicación acerca ao público en xeral e ao infantil en particular a biografía dun dos grandes personaxes da historia da Humanidade.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década