25/set/2014

Un francés convértese no peregrino 200.000 do que vai de ano

A Oficina de Acollida ao Peregrino da rúa do Vilar entregou a Compostela número 200.000 do que vai de 2014 a Michel Such, un xubilado francés que xunto coa súa muller recorreu 1.651 quilómetros repartidos en diferentes tramos de 600 quilómetros por viaxe.

O peregrino, a súa chegada, relatou que non esperaban recibir un recoñecemento así. “Estamos moi contentos de estar en Santiago, ser peregrino é sensacional e extraordinario”, afirmou Michel Such.

A ruta desta parella francesa comezou na catedral de St. Trophime, en Arles, a quince quilómetros da súa cidade de residencia. A principios deste verán comezaron a última viaxe dende Burgos a León, cidade á que regresaron fai quince días para afrontar a súa última etapa que completaría o seu camiño a Santiago de Compostela. Such recoñeceu que ó principio non é fácil pero “Santiago te empuxa e chegas ata o final”, sinalou o peregrino número 200.000.