O presidente da Xunta de Galicia anuncia a creación dun centro internacional de acollida aos peregrinos en Santiago
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou o I Congreso Internacional sobre Turismo e Peregrinacións da OMT, nese acto referiuse ao Camiño de Santiago como un dos nosos principais sinais de identidade para o futuro e garantiu o compromiso de reforzalo a través de distintos proxectos entre os que destacou a creación dun Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos, no antigo asilo da rúa Carretas, en Santiago de Compostela. “Queremos facer en Santiago un novo Centro de Acollida aos Peregrinos, un centro máis grande, un centro que dea a categoría que merece a persoa que nos visita, rehabilitaremos parte do asilo da rúa Carretas para acoller, aí, un gran centro internacional de peregrinación para o Camiño de Santiago e para todos os que nos visitan”, abundou.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década