O Primeiro Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo converterá a Compostela na capital do turismo mundial
Trátase da cita máis importante realizada ata o momento neste ámbito e, concretamente, Santiago de Compostela, un dos centros históricos de peregrinación cristiá, é a cidade elixida, o que representa unha oportunidade única para toda a Comunidade.
Coa organización deste congreso, que é posible grazas a colaboración de Turismo de Galicia, a Organización Mundial do Turismo e a Secretaría de Estado de Turismo, os establecementos turísticos de Galicia e as súas cidades serán visitadas por centenares de viaxeiros de todas partes do mundo. O Congreso que se celebrará no Hostal dos Reis Católicos, conta xa con mais de 300 asistentes.
Un total de 35 relatores de primeiro nivel, procedentes dos cinco continentes e de todos os ámbitos relixiosos, combinando especialistas académicos, profesionais do sector turístico, das administracións públicas relacionadas coa materia, etc. encontraranse na capital de Galicia para deleitarnos co seu coñecemento sobre esta materia. Adel El Gendy, Claudio Ricci, Alison Hillard, Paolo Caucci von Saucken e Marcela Bacigalupo son só algúns dos expertos que estarán presenten nestas xornadas que ofrecerán no seu conxunto unha visión xeral do turismo de peregrinacións a nivel mundial.
Outras novas
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés