A Xunta de Galicia nomea a Vicente del Bosque segundo Embaixador de Honra do Camiño de Santiago
O presidente a Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, tras o Consello, a probación do decreto polo que se concede o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, con carácter vitalicio, a Vicente del Bosque, adestrador da Selección española de fútbol, a segunda persoa que ostentará este recoñecemento despois do Príncipe de Asturias.
O mandatario galego lembrou que o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago foi creado para distinguir o labor de persoas físicas ou xurídicas que contribúen de xeito especial ao coñecemento e á divulgación do Camiño de Santiago no mundo.
Así, Feijóo indicou que, ao igual que o Príncipe de Asturias, o Goberno galego entende que Vicente del Bosque “é un home de consensos que representa os valores do traballo en equipo, da deportividade e da serenidade”. “Queremos que defenda eses valores, vinculados ao Camiño en todo o mundo e que difunda, así, a Ruta Xacobea, os Camiños de Santiago e de Galicia enteira”, incidiu o presidente da Xunta.
Outras novas
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés