A Asociación Amigos del Camino de Santiago Comunidad Valenciana convoca a IX edición do Premio de Relato Curto "Vieiragrino"
A Asociación "Amigos del Camino de Santiago de la Comunidad Valenciana", convoca a Novena Edición do Premio de Relato Curto "Vieiragrino", para estimular a escritura de relatos curtos sobre a tradición do Camiño de Santiago. Os relatos poderán ser de ficción literaria inspirados nos costumes, historia e tradición do Camiño ou tamén poderán ter as características de diario persoal realizado sobre as experiencias e vivencias do peregrino.
O relato terá un máximo de 7 folios (7 x 30 liñas x 70 espazos) e o prazo de presentación de orixinais terminará o día 15 de outubro de 2014, na sede da Asocación Valenciana:
Asociación Amigos del Camino de Santiago de la Comunidad Valenciana
C/ Dr. Gil y Monte, 24 – 1º - 3ª
46007 VALENCIA
Outras novas
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’