O día 1 de xuño un grupo de persoas con Parkinson chegará ao Obradoiro tras completar 108 quilómetros do Camiño de Santiago
O próximo día 1 de xuño de 2014, un grupo de persoas con Parkinson propúxose irromper na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela tras completar 108 quilómetros de ruta.
Atrás deixarán seis etapas e duros meses de adestramento, esforzo e motivación.
Realizar o camiño de Santiago é para moitos un logro persoal, unha superación, un orgullo. Pero, Que supón para unha persoa que padece Parkinson realizar o Camiño? A que se enfronta? Que barreiras debe superar? Como se prepara? As respostas a estas e outras preguntas son a clave para coñecer a enfermidade, a realidade do Parkinson.
A través desta aventura, o webdoc “¡Que tiemble el Camino!” tentará espertar conciencias e desmentir suposicións relacionadas coa enfermidade, mostrando a súa cara máis sinxela e sincera, a das persoas afectadas. Ademais, a través dos testemuños de profesionais médicos e de membros de asociacións de Parkinson, poderase coñecer algo máis sobre a enfermidade, as súas causas, as súas complicacións e o seu tratamento.
Porque o Parkinson existe para moita xente todos os días do ano e quen o coñece segue tendo ilusións, motivacións, ambicións e moitas ganas de explicalas.