Duomo Ediciones publica en español “El Camino inmortal” de Jean-Christophe Rufin
Duomo Edicións publica en español “El Camino inmortal” de Jean-Christophe Rufin, unha inesquecible viaxe que convida á reflexión e a procura dun mesmo.
O Camiño de Santiago é unha alquimia do tempo sobre a alma, unha viaxe que cada ano inician centos de miles de persoas. Jean-Christophe Rufin emprende unha das grandes historias de viaxes nos nosos días, na cal o prestixioso novelista francés relata o seu percorrido de oitocentos quilómetros polo Camiño do Norte a Santiago de Compostela. No traxecto, a experiencia física transfórmase nunha reflexión que convida á procura dun mesmo a e a levar unha vida plena e consciente, máis aló do trivial. Este inusitado peregrino convértese nun observador lúcido que retrata cun sentido do humor único a súa travesía polas costas vascas e cantábricas até chegar aos montes de Galicia. Coloridos retratos, anécdotas divertidas, un delicioso exercicio de autocrítica para quen van á procura de nada e móvelles a paixón de seguir camiñando.
Jean-Christophe Rufin é ademais de escritor, médico e diplomático. Gañou o premio Goncourt en 1997 coa súa novela El abisinio e en 2001 con Rojo Brasil. El Camino inmortal foi galardoado en 2013 co premio Nomad's. Foi embaixador de Francia en Senegal do 2007 ao 2010, é un dos fundadores de Médicos sen Fronteiras e o membro máis novo da Academia Francesa. A súa obra traduciuse en todo o mundo.
+info: Duomo Ediciones
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas