A Xunta destinará 373.000 euros ao mantemento do Camiño Francés
Os once concellos do Camiño Francés asinaron en Paradela -Concello que preside este ano a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño- un convenio con Turismo de Galicia para organizar actividades culturais e realizar tarefas de mantemento da Ruta e de atención ao peregrino. Os concellos recibirán un total de 373.000 euros.
Co convenio, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2014, os concellos reciben 1.4000 euros por cada quilómetro de camiño. A contía terase que dedicar a tarefas de limpeza do traxecto e á súa conservación.
Ademais cada concello recibirá 14.000 euros para a contratación de informadores turísticos e para a organización de actuacións musicais entre os meses de xuño e setembro.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década