A prestixiosa revista alemá “Outdoor” inclúe ao Camiño entre as 20 rutas de sendeirismo máis fermosas do mundo
O Camiño de Santiago aparece nunha ampla reportaxe dedicada ás vinte máis fermosas rutas de sendeirismo do mundo que publicou no seu número de xaneiro á prestixiosa revista alemá Outdoor. Esta revista está considerada a máis importante no seu xénero de Alemaña e está especializada en viaxes, sendeirismo e aventura.
Na reportaxe, que ocupa a portada e as páxinas centrais do número de xaneiro deste ano da revista, faise unha densa descrición do Camiño de Santiago, a súa historia e as razóns que impulsan aos peregrinos. Tamén fai diversas recomendacións como emprender o Camiño entre abril e setembro ou como conseguir as acreditacións oficiais para o que remite a páxina web en alemá jakobspilgerwege.de.
Outras novas
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado