American Pilgrims convoca un Programa de Subvencións para promover o Camiño de Santiago noutras asociacións
American Pilgrims on the Camino convoca un Programa de Subvencións para proporcionar axuda económica a outras organizacións e grupos coa misión de: Promover a tradición do Camiño de Santiago contribuíndo a manter a súa infraestrutura, organizando reunións de peregrinos e proporcionar información para fomentar o entusiasmo de peregrinos presentes e futuros.
O programa ofrece subvencións en dúas categorías:
1. Mantemento e Desenvolvemento de Infraestruturas
2. Promoción de Grupos de Peregrinos
No ano 2012, o programa de subvencións de American Pilgrims distribuíu máis de 17.000 $ para apoiar o Camiño en España e para apoiar actividades en EEUU.
Prazo de entrega de solicitudes: até o 15 de xuño de 2013.
American Pilgrims on the Camino
1514 Channing Avenue
Palo Alto CA 94303-2801
Fax 1-650-989-4057
Info@americanpilgrims.com
http://www.americanpilgrims.com