3/abr/2013

Mérida acollerá no mes de outubro o II Congreso Internacional Camiño Mozárabe de Santiago

A cidade estremeña de Mérida acollerá os días 4 e 5 de outubro o II Congreso Internacional Camiño Mozárabe de Santiago, organizado polo Centro de Desarrollo Rural La Serena e patrocinado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

O coñecido Camiño Mozárabe utilizábano os cristiáns que vivían nos reinos árabes para enlazar coa Vía da Prata até Santiago de Compostela, sendo unha das rutas máis antigas do Camiño de Santiago.

O II Congreso Internacional sobre o Camiño Mozárabe de Santiago pretende difundir os valores deste Camiño, sensibilizar ás Administracións Públicas para a súa adecuada protección e promoción, favorecer a investigación dos seus valores e achegar á poboación en xeral un dos Itinerarios Culturais máis relevantes da Península Ibérica.

+info