Nova Credencial para o Camiño con motivo do Ano da Fe
Con motivo do Ano da Fe, convocado por Bieito XVI, a Oficina de Acollida ao Peregrino da S.A.M.I. Catedral de Santiago, realizou unha tirada especial de Credenciais para o Camiño. A imaxe da Fe, situada na fachada de Acibechería, da Catedral, é a portada de dita Credencial que acompañará aos peregrinos durante este Ano da Fe.
As Credenciais pódense recoller nas Confrarías de Santiago, Asociacións de Amigos do Camiño, Parroquias e Arcebispados que son os encargados de solicitalas á Oficina do Peregrino.
+ info: Oficina do Peregrino
Outras novas
-
Sun Mar 01 20:00:00 CET 2026
A Sociedade Anónima do Plan Xacobeo galardoada co Premio Servir dos Clubs Rotarios de Galicia
-
Sun Mar 01 11:00:00 CET 2026
Ábrese o prazo para o IX Premio de Investigación da Cátedra do Camiño, apoiada por Turismo de Galicia
-
Fri Feb 20 20:00:00 CET 2026
Xosé Merelles destaca o papel clave da Academia Xacobea na preparación do vindeiro Ano Santo 2027