O Xacobeo é o primeiro organismo que recibe a visita do novo deán da catedral de Santiago
José Paz Gestoso, xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, recibiu a Segundo Pérez, o novo deán da Catedral de Santiago na que é a súa primeira visita oficial dende que foi nomeado para o cargo.
Segundo Pérez e José Paz mantiveron unha reunión de traballo na que abordaron diferentes aspectos da colaboración constante que o Cabido da Catedral mantén coa entidade xestora dos Camiños de Santiago dependente da Administración Turística Galega. O novo deán manifestou que “para o Cabido este contacto é moi importante porque ambas institucións realizamos unha tarefa común que é moi relevante para a Igrexa e tamén para a sociedade”.
Pola súa parte, o xerente do Xacobeo anunciou tamén ao remate do encontro a dispoñibilidade da entidade a colaborar co Congreso Internacional sobre Acollida no Camiño de Santiago que o Cabido da Catedral organiza para os días 22, 23 e 24 de abril en Compostela.
Outras novas
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés