Case douscentos mil peregrinos chegaron a Compostela en 2012
Case douscentos mil peregrinos chegaron a Compostela durante o ano 2012, batendo unha vez máis todos os récords. En concreto, foron 192.460 as persoas que recolleron a súa compostela na Oficina do Peregrino durante o pasado ano.
A ruta pechou o ano con seu mellor balance de peregrinos nun ano non santo, con unha cifra que mellora nun 5% a anterior marca, de 2011, e tamén a do Xacobeo 2004.
O pasado ano foi tamén o que xuntou a máis estranxeiros nos Camiño de Santiago.