A Xunta de Galicia está a traballar no expediente de delimitación do Camiño Inglés
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a traballar no expediente de delimitación do Camiño de Santiago Inglés ao seu paso por Galicia. O obxectivo desta medida é garantir a mellor protección dos lugares, edificios e paraxes polos que discorre esta ruta xacobea.
O Camiño Inglés discorre por 18 concellos: A Coruña, Abegondo, Betanzos Cabanas, Cambre, Carral, Culleredo, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume e Santiago. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural leva traballando moito tempo na delimitación desta ruta, seguindo o mesmo procedemento que se realizou co Camiño Francés e o Camiño Primitivo ou de Oviedo. Como vén sendo habitual, contrastáronse os estudos históricos e información cartográfica, tanto histórica como actual.
Unha vez rematen as reunións técnicas cos alcaldes dos municipios implicados, o trazado será contrastado coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e coa Asociación dos Concellos do Camiño Inglés. Así mesmo, a continuación someterase ao informe do Comité Asesor so Camiño de Santiago.
Outras novas
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado