26/xul/2012

Inaugurada a nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago

O alcalde e presidente do Consorcio, Ángel Curras, inaugurou a nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago. O novo edificio xorde da remodelación do antigo Banco de España, situado na Praza das Praterías, e foi proxectado e dirixido polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto.

O museo estreouse cunha exposición que recrea Santiago no S. XIII, Compostela dicitur. A cidade da Catedral. Nela, móstranse maquetas físicas e interactivas, así como paneles explicativos e aplicacións virtuales, que permiten ao visitante coñecer o aspecto da cidade e da Catedral durante a Idade Media e a súa posterior evolución.