Carmen Pardo participou na peregrinación promocional divulgativa polo Camiño Inglés
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, percorreu esta mañá o tramo do Camiño Inglés entre Miño e Betanzos. Trátase dunha peregrinación promocional divulgativa do Camiño Inglés que se enmarca dentro dun proxecto de desestacionalización turística desenvolvido polas principais asociacións de restauración e hospedaxe da provincia en colaboración coa Deputación da Coruña.
Á peregrinación foron convidados os alcaldes dos concellos polos que pasa esta Ruta Xacobea, ademais de autoridades da Administración Turística galega e prfeisonais dos medios de comunicación. O obxectivo, ademais de dar a coñecer a ruta, é promocionar a extraordinaria oferta gastronómica da mesma.
A secretaria xeral para o Turismo percorreu con representantes dos hosteleiros de Ferrol e Compostela un tramo no concello de Miño.