7/mai/2012

A Cámara Municipal de Chaves sinaliza o Camiño de Santiago ata Feces de Abaixo (Verín – Ourense)

O municipio de Chaves (Portugal) sinalizou o Camiño Portugués do Interior, que desemboca na localidade de Feces de Abaixo (Verín). A Cámara municipal flaviense inaugurou a sinalización abrindo un albergue de peregrinos e colocando un monolito.

O Camiño Portugués de Santiago polo Interior esténdese por 205 quilómetros, en territorio portugués, atravesando os municipios de Viseu, Castro Daire, Lamego, Peso de Régua, Santa Marta de Penaguiãou, Vila Real, Vila Poca de Aguiar e Chaves, para continuar por Verín e enlazar co Camiño do Sueste – Vía da Prata en Laza.

Os peregrinos dispoñen ao longo do percorrido de 11 albergues en territorio portugués.

Máis info:
http://cpisantiago.com
info.cpisantiago@gmail.com